Doazón ao mosteiro de Santa María de Montederramo asinada o 10 de decembro de 1273 diante de Pedro Pérez "póplico notario del Rey en Caldelas". Arias Pérez e a súa muller María Méndez dan ao mosteiro varios casares e obríganse de facer unha capela no mosteiro coa intención de enterrarse nela: Et damos a essa capela por en todos nossos dias CC soldos da moeda blanca, os meos por entroydo e outros meos por San Iohanne.
Nieves Amado Rolán sinala que:
"O feito de que [o entroido] fora unha data importante para pagar os foros, alugueres ou doazóns aos mosteiros, quere dicir que a celebración estaba fortemente implantada, viña de moito tempo atrás, seguramente foi un dereito conquerido pola sociedade rural campesiña, que viña celebrando esta festa de exaltación da natureza e dos ciclos agrarios desde antes da existencia do Cristianismo, e que como moitos outros rituais paganos anteriores ó cambio de era, a Igrexa sincretizou, non só tolerándoo, senón institucionalizándoo e inseríndoo dentro do calendario litúrxico, coma unha pequena paréntese de liberación e permisividade, ante as severas abstinencias da Coaresma".
____________________________
REFERENCIAS:
Arquivo da Catedral de Ourense. Mosteiros, Pergs. 778, carta partida por ABC.
AMADO ROLÁN, Nieves, “O Entroido galego na Idade Media. Referencias documentais”, en: Ágora do Orcellón, Instituto de Estudios Carballiñeses, O Carballiño (Ourense), nº 25 (2013), pp. 61-76, doc. nº 2. Disponible: https://www.academia.edu/92437430.
AMADO ROLÁN, Nieves, “Referencias ao entroido medieval en terras de Monterrei: Pedro e Domingo "Entroydo", moradores en Queizás”, en: Baroncelle Historia e arqueoloxía (27/01/2020). Disponible: https://baroncelle.blogspot.com/2020/01/referencias-ao-entroido-medieval-en.html
FERRO COUSELO, Xesús, A vida e a fala dos devanceiros : Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, Galaxia, Vigo, 1967 (2 vols.), doc. nº 20, pp. 30-32.
En internet:
Julio I. G. Montañés: https://teatrodeentroido.juliomontanes.synology.me/Orixes.html
Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval: https://ilg.usc.gal/xelmirez/xelmirez_contexto.php?idf=147213&idt=49&procura=[a-z%C3%A1%C3%A9%C3%AD%C3%B3%C3%BA%C3%A3%C3%B5%C3%B1%C3%A7%C3%BD]ntro[a-z%C3%A1%C3%A9%C3%AD%C3%B3%C3%BA%C3%A3%C3%B5%C3%B1%C3%A7%C3%BD]do&corpus=notarial