10 de xullo de 1443. Mosteiro de Santa María (Oseira, Ourense). O prior e os monxes do mosteiro arrendan a Frei Gonzalo de Confurco, despenseiro do cenobio, unha granxa en Cea:
"Sabeã quantos eſta carta d ' arẽdamento virẽ commo nos, o prior τ mõjes do moſteyro de Santa Maria d Oſeyra, ſendo todos ajũtados en noſo cabíj́do ſegundo auemos de huſo τ de cuſtume de nos ajuntar por fazer ben τ mercede τ graça τ ajuda a uos, frey Gonçaluo de Confurco, çelareyro do dito moſteyro, arendamos vos a noſſa vila de Çea cõ todas ſuas pertenças que lle pertẽçẽ τ pertẽçer deuẽ de dereyto, ſegundo nos hy auemos τ ouuemos ſenpre commo nos foy dado τ mãdado del rey don Sancho, conuẽ a ſaber que nos dedes en cada hũ anno quatroçẽtos mrs. de moeda vella poſtos en paz τ en ſaluo eno noſſo cabido, a metade por ontroydo τ a metade por Paſcoa; τ eſta renda vos fazemos por eſtes çinco annos primeyros que uẽẽ da feyta deſta carta τ nos obrigamos a uola fazer de paz τ nõ uola fazendo de paz que nos nõ ſejades hobrigado a nos pagar a dita renda; τ mãdamos a todolos noſos uaſalos moradores τ prouadores da dita vila τ couto que a dita vila pertẽcẽ que uos recudã cõ aſ rendaſ de pan τ dineyros τ dereytos τ dereyturas que a nos τ a noſo moſteyro perteçẽ τ perteçer deuẽ de dereyto por eſtes V.o anos ſobre ditos; τ eu, o dito frey Gonçaluo, aſy o reçebo τ me obrygo a pagar la dita renda τ para mays conpridamente ſer dou fiadores..."
Autor: Frey Rodrigo, sobprior do dito mosteiro [de Santa Maria de Oseira].
_____________________________
REFERENCIAS:
Arquivo Histórico Provincial de Ourense, Mosteiro de Sta. Mª de Oseira, nº 118.
MAIA, Clarinda de Azevedo, História do galego-português. Estado linguístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI (com referência á situação do galego moderno). I.N.I.C., Coimbra, 1986, pp. 41-245 (doc. nº 79, pp. 170-171). Dispoñible: https://www.google.es/books/edition/Hist%C3%B3ria_do_Galego_Portugu%C3%AAs/ZCg2DwAAQBAJ?hl=es&gbpv=1&dq=%22ontroydo%22&pg=PA170
En internet:
Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval: https://ilg.usc.gal/xelmirez/xelmirez_contexto.php?idf=101914&idt=20&procura=[a-z%C3%A1%C3%A9%C3%AD%C3%B3%C3%BA%C3%A3%C3%B5%C3%B1%C3%A7%C3%BD]ntro[a-z%C3%A1%C3%A9%C3%AD%C3%B3%C3%BA%C3%A3%C3%B5%C3%B1%C3%A7%C3%BD]do&corpus=notarial
Julio I. G. Montañés: https://teatrodeentroido.juliomontanes.synology.me/Orixes.html