Mosteiro de Santa María de Oseira (San Cristovo de Cea, Ourense):

"Conuçuda cousa seya commo eu don Pedro Fernandez abade do moesteiro de Oseyra, por min et po -lo convento de ese moesteiro, damos et outorgamos a vos Martin Perez de Parada et a vosa moler Sancha Perez en vosa vida tanto, et a vosa morte a vosa filla Eldonça Martinez, que ora e viva, se depus vos viver, a nosa herdade que avemos no casar de san Migell, o qual iaz en friigesia de sancta María de Prado; conven a saber, o noso terreo do Chao, o qual foi de Garçia Ovequez et de Maria Gil, et as casas que foron de Johan Meendez et de Maria Pelaz et a cortina que jaz tras ellas et a vina que jaz a par desa cortina et a froyta que esta tras as casas de Moor Meendez, por tal preito que as lavredes et as paredes bem; et se a vos dermos mea semente de pan, dardes a nos meo de pan, et se non a terça en a eyra, o meo do vino no lagar, por noso moordomo a que proveades de co[me]r et de bever comunavilmente; adugades o noso quinon por vosa custa a o noso çeleyro de Prado, et en vida de vos Martin Perez dardes a nos a terça de toda a froyta que Deus y der; et a vosa morte os outros den mea, exente orto et porro et conellas et nabal, de que non dedes a nos quinon; et por esto dedes a nos cada ano de foros XVIII soldos alfonsiis, os meos por dia de entroydo et os meos por dia de Pascoa; et se veer moeda leonesa dardes dela XII soldos et seerdes nosos vasalos obedientes".

Autor: Johan Ares notario del rey en Orçellon.

_____________________________
REFERENCIAS:

Arquivo Histórico Nacional, CLERO-SECULAR_REGULAR, Car. 1535, N. 1. Disponible: https://pares.mcu.es/ParesBusquedas20/catalogo/show/6986539

AMADO ROLÁN, Nieves, “O Entroido galego na Idade Media. Referencias documentais”, en: Ágora do Orcellón, Instituto de Estudios Carballiñeses, O Carballiño (Ourense), nº 25 (2013), pp. 61-76, doc. nº 4. Disponible: https://www.academia.edu/92437430.
ROMANÍ MARTÍNEZ, Miguel,
A colección diplomática do mosteiro cisterciense de Santa María de Oseira (1025‐1310), Tórculo Edicións, Santiago de Compostela, 1989-1993 (3 vols.), vol. II, doc. nº 1092, pp. 1039-1040.

En internet:
Julio I. G. Montañés:
https://teatrodeentroido.juliomontanes.synology.me/Orixes.html
Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval: https://ilg.usc.gal/xelmirez/xelmirez_contexto.php?idf=73672&idt=3&procura=[a-z%C3%A1%C3%A9%C3%AD%C3%B3%C3%BA%C3%A3%C3%B5%C3%B1%C3%A7%C3%BD]ntro[a-z%C3%A1%C3%A9%C3%AD%C3%B3%C3%BA%C3%A3%C3%B5%C3%B1%C3%A7%C3%BD]do&corpus=notarial