En Berres (A Estrada), el escritor Manuel García Barros describe hacia 1949, probablemente recordando los años de su niñez, una "pantomima" de la resurrección de Lázaro en su novela autobiográfica Aventuras de Alberte Quiñoi. Típica parodia carnavalesca de la religión, según García Barros la hizo un vecino de la parroquia que "Había pouco que chegara da Habana e de alá trouxera moitas cousas, pois non perdera ocasión de adquirir aquelas que lle viñeran ben, e a el víñalle ben todo; de xelto que para facer calquera andrómena non tiña que pedir nada a ninguén". La farsa se desarrolló de la siguiente manera, si nos fiamos de la descripción novelada de García Barros:
"Para facelo, cuns listóns de madeira armou unhas chancas longas, tan longas que abaixo dos soportes que tiñan para poñer os pés medían catro cuartas. Axeitouse nelas, puxo, cubrindo a súa, outra cabeza de cartón moi avultada, cun sombreiro de ala curta e copa subida. Vestiu unha sotana ou saia feita dunha colcha marela que lle chegaba os pes das chancas, case cubríndoIIas; cun hule estampado de encarnado sobre fondo verde axeitou unha capa que lle puxeron por riba dos ombreiros cubríndolle os brazos, quedando todo el de dobre longo dun home calquera. Deitárono nunhas angarellas xa feitas para iso, collérono catro homes con careta e saíron con el cara ó campo. Saíndo botaron un foguete de sinal. O que facía de crego, único que estaba sobre aviso, ó ouvir o sinal saíu cos dous “acólitos” a espéralo levando tras el a música e as demais máscaras. Ó encontralo, formouse a comitiva. Chegados ó sido onde había de ser o sermón, pousaron a angarella. El estaba teso coma se fora de artificio. Collérono e con traballo fórono erguendo ata que o deixaron de pé arrimado ó muro, sen que houbera medo de que dese o máis pequeno sinal de movemento.
A xente non sabía que pensar daquel espantallo cuxa enorme cabeza sobresaía dúas cuartas por riba do muro.
Os “vellos” co varredoiro apartaban a xente, tendo conta de tela arredada [1]. O “crego” púxose diante da figura, e os seus axudantes ás bandas.
As outras máscaras estaban quedas a ver que resultaba, coma todo o mundo. O “crego” abriu o libro e comezou a ler latín, collendo de vez en cando o hisopo e asperxéndoo, dicíndolle a berros:
—¡Lazarun, resucítate! ¡Lazarun, resucítate!
Pero, o Lázaro non daba mostrar de que entendera.
A Dominga creu no caso de intervir:
—Non perda o tempo, señor crego, que ise Lázaro ha de resucitar cando o meu Xaniño fale [2].
A xente riu coa saída da Dominga. Daquela o “crego” adiantouse cara ó monstro e, botándolle unhas hisopadas ó nariz, berroulle máis forte:
—¡Lázaro! Yo te esconxuro pra que andes. ¡Lázaro, anda!
E quedou quedo cos dous brazos abertos, nunha man o libro e na outra o hisopo.
Con gran asombro de todos, pois ninguén esperaba semellante cousa, o Lázaro deu en remexerse, e coas súas pernas de pau botouse a andar, causando tal espanto en todos que algunha muller esmoreceu. O Albertiño non esmoreceu, pero faltoulle pouco, e algunha noite espertou a berros coidando que o vía chegar cara a el".
______________________________
[1] Sobre los Vellos do Varredoiro, véase mi BD de Máscaras. FICHA nº 104: https://juliomontanes.synology.me/bases/mascaras/index.php?-table=mascaras&-action=browse&-cursor=103.
[2] El Xaniño de Dominga era un muñeco, por supuesto incapaz de hablar. Sobre el Xaniño do antroido de Berres véase la FICHA nº 268: https://juliomontanes.synology.me/bases/teatrodeentroido/index.php?-table=teatrodeentroido&-action=browse&-cursor=0&Numero==268.
________________________________
REFERENCIAS:
GARCÍA BARROS, Manuel (Ken Keirades), Aventuras de Alberte Quiñoi, Galaxia, Vigo, 2020, cap. X (ms. ca. 1949).