José Rodríguez Vicente Joselín. O Desenclavo. Versión de 1929. (Grabado en Ourense, junio,Teatro Principal).

 

José Rodríguez Vicente Joselín. O Desenclavo. Versión de 1954. (Grabado en diciembre, estudios Columbia).

 

      Grabación de 1929 (78 rpm)        Carátula de la grabación de 1954 (ed. 1962)

Transcripción de Laura Tato (versión de 1929): TATO FONTAÍÑA, Laura & RODRÍGUEZ DE VICENTE, José, Os contos de Joselín : José Rodríguez de Vicente : primeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1954) [Libro-CD], aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, Santiago de Compostela, 2014, p. 23.

Chegou á nosa vila Rufael, o fillo de Marica a Rachada, a que ten o estanco alí na carretera; e chegou das Américas dond-estuvo pasa de corenta anos; e recorreunas todas, según diz el, porque ponse a falar e tan pronto fala de Malparaíso de Chile, como de Jujuy de Boenos Aires, como das Carracas de Vinizuela, como da Habana ... de Vilacruz ... e que sei eu canto el fala daquelas terras, Dios mío! É bo rapaz, é moi bo rapaz, e cartos trouxo moitos ... ! Porque trouxo un alquipaje que parecia un deputado! E dende que chegou á vila estamos ... que isto é morrer de alegría ... El fai festas!... El arma seiráns!. .. El trae músicas!... Fixo unha festa do San Blas, como non se ten mirado outra!... E cando estábamos no millor, vén o siñor Abade e dille qu-estamos na Coresma, qu-é tempo de penitencia, e que non se pode beillar nin armar trouleos. E com-o rapaz non é capaz d-estar quieto anqu-estea morto... Que fai el? Púxose a organizar unhas festas de Semana Santa que ... je ... Sivilla vai a ser unha porcaría ó lado disto ... je ... je!

Contratou un padricador pra botar o sermón do desenclavo que é unha cousa tremendisma ...

Pero como pra o desenclavo fai falta un Santo Cristo moi grande, pra clavalo e pra desenclavalo na cruz, e na vila non o hai e pra mandelo facer non había tempo, pediulle emprestado o que teñen os da parroquia de Cabás, que é daqui perto; un moi antigüísmo e moi cheo de sangue, e moi lastimado por tod-o corpo, que pares que hastra está pintado con amoras ... je ... je

O día da festa estaba a eigrexa chea de bandeiras de todo-los colores e cun letreiro que pintou un carabinero, que decía: Viva mi tierra!... qu-aquilo partía los corazones. Empezou o padricador a padricar, e as vellas a chorar, e o padricador a dicir: «Aí o tendes, enclavado na cruz, mirai como o puxestes cheo de sangre, mirai como o puxestes!. ...

E a nai de Rufael toda chorosa, dice: "Señor crego, non lle fumos nós. Xa nolo emprestaron así os de Cabás, Señor!"